Escoita, olla, captura... describe, expón...
Xov 02 xuñ 2011 18:25:37 | 1 comentarios
Unha experiencia (con materiais) interesante e adaptábel para a área de Lingua cremos que é Escoita, olla, captura: o castelo de San Felipe. Actualización dalgunhas actividades realizadas nas saídas escolares, interdisciplinariedade, localización co apoio de audioguías, uso de ferramentas como o móbil... Simplificando a actividade, o alumnado ten que moverse polo espazo da visita empregando a guía en mp3 e tirar fotos de determinados elementos para traballar logo con elas. Engadirlle a iso a presentación oral das imaxes tomadas, a descrición das realidades recollidas e da linguaxe visual ou a realización por parte do propio alumnado das audioguías e de glosarios, semella case necesario.
A experiencia está presentada na páxina do Congreso Escuela 2.0, no cuarto vídeo desta sesión. Dá gusto escoitar a Carme Cuesta, por certo.
Comentarios
Anxo Rei
Hai 24 meses
Eliminar
ou
