Xerador de actividades interactivas online en galego
Luns 02 maio 2011 18:42:32 | 0 comentarios
Educaplay, servizo que permite crear online e sen dificultades unha gran variedade de actividades, acaba de abrir a opción de presentar os resultados co sistema en galego. O usuario só pode manexar o sitio en inglés, francés ou español, mais cando crea unha actividade si atopa a opción galego para o proceso, os resultados e a (auto)revisión seguidos polos alumnos.


Malia as deficiencias da tradución (automática?), é boa nova, pois sempre fai xeito algunha actividade con mapas, de ordenación, tipo proba..., aínda que non sexan o centro da nosa práctica. Ah, os resultados son incrustábeis.

Comentarios
ou
